Ir al contenido principal

Dysphoria Mundi

Para comezar con esta materia e con este blog, o texto que debemos ler para reflexionar foi un pequeno fragmento do libro "Dysphoria Mundi" de Paul Preciado. Recoñezo que non escoitara falar do autor, mais despois dunha búsqueda na rede e a lectura do fragmento, chamou a miña especial atención a súa forma de ver o mundo e vincular conceptos que pode parecer que non teñen nada que ver.

Escoitara e lera miles de relatos sobre a pandemia do Covid-19, mais nunca vira paralelismos entre o virus e as diferentes discriminacións que sofren os colectivos máis oprimidos. Tal e como as persoas sanitarias fixeron todo o posible para erradicar unha pandemia que estaba a levarse as vidas de milleiros de persoas, certos sectores da sociedade parecen poñer un interés especial en acabar coas realidades disidentes, coma se só houbese unha maneira de vivir neste planeta. Tal e coma os gobernos decretaron un confinamento e o emprego de mascarillas para evitar os contaxios, semella que existe un medo pola exposición da sociedade ao temido virus do feminismo ou da loita polos dereitos das persoas LGBTIQ+. Un medo de ser infectade, de que os modelos de familia cisheteropatriarcais sexan tambaleados pola irrupción no mainstream de outras realidades. Mais esas realidades sempre existiron.

Considero que é especialmente importante escoitar os discursos das persoas disidentes da norma, pois é a única maneira de coñecer a loita de primeira man, por este mesmo motivo considero moi enriquecedora a lectura deste texto, e non só a nivel académico senón a nivel persoal. Se buscamos unha sociedade na que as persoas que non entren dentro da norma non sexamos tratades coma se dun virus se tratase, debemos ser oídes e só desta forma se normalizará o que xamais debeu ser criminalizado.

Comentarios

Entradas populares de este blog

"Safe Map"

 Pensando na iniciativa online "Queering the Map", páxina onde as persoas parte do colectivo LGBT poden elexir un lugar dun mapa onde tiveran unha experiencia relacionada coa súa orientación sexual ou identidade de xénero, para o noso proxecto creativo decidimos realizar unha actividade similar. "Safe Map" é a nosa proposta. Exporemos un mapa de Galiza nunha cartolina xunto a uns póstits, e rogaremos a colaboración das presentes collendo un deles e poñéndoo no mapa nun lugar onde se sentiran seguras ou teñan algunha experiencia positiva que compartir. É completamente anónimo, aínda que se algunha das presentes quere poñer o seu nome pode facelo de maneira libre. Con esta iniciativa buscamos un lugar onde as experiencias do alumnado sexan visibilizadas e crear un sitio seguro para contalas. 

A lingüística escríbese con A?

 "Boas tardes chicas... e chico", "Boas tardes, chicas, bueno, espero que non vos sintades excluídos os poucos homes que hai, eh". Perdín a conta das veces que escoitei unha frase similar en contextos no que a maior parte das asistentes son mulleres, como por exemplo este mesmo máster. A propia necesidade de recalcar ao masculino, de evitar que non se sintan fóra da narrativa ou sintan que non se trata deles. E en moitas ocasións, así é. Dende pequenas somos educadas nunha sociedade na que debemos contestar ao masculino. Tal e como se especifica no texto, vivimos ese momento de confusión á hora de escoitar un masculino xenérico, mais rematamos por asumilo como propio. Por moito que se trate dunha soa letra ao final dunha palabra, non deixa de ser unha maneira pola cal renegamos da nosa identidade propia como mulleres. Se non mencionas a existencia dunha realidade, ou se non permites que haxa unha palabra que o defina, automáticamente non existe. "Atendeume unha