Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2024

Debe ser censurable o humor?

Ao pensar nesta pregunta, o primeiro que pasou pola miña cabeza foi unha conversación de bar estereotípica. Cun partido de fútbol de fondo, onde homes de mediana idade cunha cervexa na man se dedican a facer chistes sobre o xogador de fútbol racializado do equipo contrario, sobre a camareira que lles serve a terceira ronda de cervexas, sobre o xitano do seu barrio. Vólveme a levar a esos momentos nos que películas como Ocho apellidos vascos  ou series como La que se avecina  eran a cúspide do humor neste país, e comezo a formular a miña idea. O humor debe ser censurado, en todo hai límites, non? Mais a clase cambiou por completo a miña visión. O chiste é o mesmo, a persoa en formulalo é diferente. O contexto non ten absolutamente nada que ver, agora sitúome nunha aula chea de mulleres feministas coma min. Chea de persoas que sei que non opinan o mesmo que o señor do bar. E cos mesmos chistes ofendendo aos mesmos colectivos diante miña. E a miña opinión cambia. Quizais pola forma de ser

Puede hablar la subalterna?

Unha pregunta que, por moi obvia que pareza, se está sendo formulada e que hai algunha clase de debate. Non coñecía en absoluto o traballo da autora, nin xamais escoitara falar dela, polo que adentrarme neste texto foi unha boa forma de coñecer máis sobre o subalterno a partir das súas palabras, pois desa maneira será posible formar unha opinión propia. Chamou a miña atención a forma que empregou para ensinar á realidade das persoas do mal chamado terceiro mundo . Cando automáticamente utilizas terminoloxía coma "outro", por moito que a intención non sexa a de facer dano, é imposible ser capaz de ver a dignidade desas persoas polo que son. Incluso en ideoloxías e postulados tan rompedores coma pode ser o marxista existen certos trazos que son sinalados pola autora, pois semella que a visión occidental se estende a todo tipo de clases sociais e ideoloxías. Existe un abandono en toda a sociedade europea ou norteamericana ao que se escape do ollo.  Dende representacións coma os

A cultura do porno

Para falar da cultura do porno, gustaríame comezar este post  cun exemplo moi significativo do que é. Recordo aquelas clases dos últimos cursos de Educación Primaria nos que se comezaron a explicar os aparellos reprodutores masculino e feminino. Mentras a maioría das rapazas da clase nos mantíñamos caladas e líamos no libro con total normalidade o que tiñamos no noso corpo, cada vez que se mencionaba a palabra "pene" ou "vaxina", a parte da clase na que estaban sentados os homes enchíase de gargalladas.  Nos primeiros cursos da ESO o mestrado nun intento de facer as clases máis atractivas soía levarnos ata a clase de informática. Poñían apuntes na arcaica aula virtual do instituto e traballos a facer. Outra vez, as rapazas adicábamos a facer os traballos, ou mesmo xogar ao buscaminas ou ao solitario. Mentras que pola parte dos homes empezaban as risas. Os vídeos porno nas pantallas, cando aínda nin coñecíamos os nosos corpos. Cando para nós resultaban vídeos incómod

Dysphoria Mundi

Para comezar con esta materia e con este blog, o texto que debemos ler para reflexionar foi un pequeno fragmento do libro "Dysphoria Mundi" de Paul Preciado. Recoñezo que non escoitara falar do autor, mais despois dunha búsqueda na rede e a lectura do fragmento, chamou a miña especial atención a súa forma de ver o mundo e vincular conceptos que pode parecer que non teñen nada que ver. Escoitara e lera miles de relatos sobre a pandemia do Covid-19, mais nunca vira paralelismos entre o virus e as diferentes discriminacións que sofren os colectivos máis oprimidos. Tal e como as persoas sanitarias fixeron todo o posible para erradicar unha pandemia que estaba a levarse as vidas de milleiros de persoas, certos sectores da sociedade parecen poñer un interés especial en acabar coas realidades disidentes, coma se só houbese unha maneira de vivir neste planeta. Tal e coma os gobernos decretaron un confinamento e o emprego de mascarillas para evitar os contaxios, semella que existe un