Ir al contenido principal

A lingüística escríbese con A?

 "Boas tardes chicas... e chico", "Boas tardes, chicas, bueno, espero que non vos sintades excluídos os poucos homes que hai, eh". Perdín a conta das veces que escoitei unha frase similar en contextos no que a maior parte das asistentes son mulleres, como por exemplo este mesmo máster. A propia necesidade de recalcar ao masculino, de evitar que non se sintan fóra da narrativa ou sintan que non se trata deles. E en moitas ocasións, así é.

Dende pequenas somos educadas nunha sociedade na que debemos contestar ao masculino. Tal e como se especifica no texto, vivimos ese momento de confusión á hora de escoitar un masculino xenérico, mais rematamos por asumilo como propio. Por moito que se trate dunha soa letra ao final dunha palabra, non deixa de ser unha maneira pola cal renegamos da nosa identidade propia como mulleres. Se non mencionas a existencia dunha realidade, ou se non permites que haxa unha palabra que o defina, automáticamente non existe. "Atendeume unha médico", semella ser unha frase inofensiva, mais non o é. A propia falta de concordancia gramatical entre "unha" e "médico" fainos sentir pouco benvidas na palabra. Unha muller non pode ser médico, pois non ten sentido. Mais as mesmas persoas da academia que decidiron añadirlle a letra "o" a médico e mostrarse reacios a un cambio inventaron "azafata" "maestra" "enfermeira". O propio significado das palabras mostra unha realidade que moitos non parecen ver.

Considero que por todo isto é importante que desde o movemento feminista se reinvindique o emprego da letra "a" nas palabras. De formar a nosa propia historia, de non conformarnos con que "o home chegou á lúa", pois ao ignorar que efectivamente se tratou dun home, ser humano masculino; estamos olvidando o feito de que unha muller xamais chegou a facer tal descubrimento. O paso foi para o home, o propio significado da frase estanos a dar unha pista sobre o problema. Mais non só debe ser un paso para un home, senón as mulleres somos máis que válidas para dar o paso. Non somos médicos, somos médicas. Non somos xuíces senón xuízas. Ao añadir a nosa identidade ás palabras tamén validamos as nosas vivencias e a nosa capacidade para certos tipos de traballos ou experiencias.

Ao empregar o masculino xenérico, tanto as mulleres como todas as persoas cuxa identidade de xénero non se define cos xéneros binarios non formamos parte da ecuación. Por moito que sexa a forma na que está estruturada a nosa lingua e certos académicos das Reais Academias consideren a lingua coma unha caixa forte cuxa combinación xamais debe ser aberta, somos o pobo os que debemos coa nosa fala establecer a norma e non ao revés. Por moito que non exista un consenso sobre a maneira de realizar un plural inclusivo, todas elas son opcións máis que válidas para que a lingua non sexa un método máis de invisibilización das nosas experiencias.

E, para concluír, gustaríame tratar de responder á pregunta do título deste post. Non só a lingüística se escribe coa letra "a", senón debemos reinvindicar o seu uso, pois só desa maneira existiremos. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

"Safe Map"

 Pensando na iniciativa online "Queering the Map", páxina onde as persoas parte do colectivo LGBT poden elexir un lugar dun mapa onde tiveran unha experiencia relacionada coa súa orientación sexual ou identidade de xénero, para o noso proxecto creativo decidimos realizar unha actividade similar. "Safe Map" é a nosa proposta. Exporemos un mapa de Galiza nunha cartolina xunto a uns póstits, e rogaremos a colaboración das presentes collendo un deles e poñéndoo no mapa nun lugar onde se sentiran seguras ou teñan algunha experiencia positiva que compartir. É completamente anónimo, aínda que se algunha das presentes quere poñer o seu nome pode facelo de maneira libre. Con esta iniciativa buscamos un lugar onde as experiencias do alumnado sexan visibilizadas e crear un sitio seguro para contalas. 

Dysphoria Mundi

Para comezar con esta materia e con este blog, o texto que debemos ler para reflexionar foi un pequeno fragmento do libro "Dysphoria Mundi" de Paul Preciado. Recoñezo que non escoitara falar do autor, mais despois dunha búsqueda na rede e a lectura do fragmento, chamou a miña especial atención a súa forma de ver o mundo e vincular conceptos que pode parecer que non teñen nada que ver. Escoitara e lera miles de relatos sobre a pandemia do Covid-19, mais nunca vira paralelismos entre o virus e as diferentes discriminacións que sofren os colectivos máis oprimidos. Tal e como as persoas sanitarias fixeron todo o posible para erradicar unha pandemia que estaba a levarse as vidas de milleiros de persoas, certos sectores da sociedade parecen poñer un interés especial en acabar coas realidades disidentes, coma se só houbese unha maneira de vivir neste planeta. Tal e coma os gobernos decretaron un confinamento e o emprego de mascarillas para evitar os contaxios, semella que existe un