Ir al contenido principal

Debe ser censurable o humor?

Ao pensar nesta pregunta, o primeiro que pasou pola miña cabeza foi unha conversación de bar estereotípica. Cun partido de fútbol de fondo, onde homes de mediana idade cunha cervexa na man se dedican a facer chistes sobre o xogador de fútbol racializado do equipo contrario, sobre a camareira que lles serve a terceira ronda de cervexas, sobre o xitano do seu barrio. Vólveme a levar a esos momentos nos que películas como Ocho apellidos vascos ou series como La que se avecina eran a cúspide do humor neste país, e comezo a formular a miña idea. O humor debe ser censurado, en todo hai límites, non?

Mais a clase cambiou por completo a miña visión. O chiste é o mesmo, a persoa en formulalo é diferente. O contexto non ten absolutamente nada que ver, agora sitúome nunha aula chea de mulleres feministas coma min. Chea de persoas que sei que non opinan o mesmo que o señor do bar. E cos mesmos chistes ofendendo aos mesmos colectivos diante miña. E a miña opinión cambia. Quizais pola forma de ser formulados, quizais polo inxeniosos que son algúns deles, mais comezo a rir. Entón, debe haber censura?

Aquí o debate. Considero que o humor é unha ferramenta moi importante para conseguir reapropiarse de discursos que poden facer dano, así coma unha forma de xestionar a incomodidade que poden resultar según que situacións. E non creo que se deba acabar con este tipo de activismo, nin penso que o humor de por si sexa negativo. Claro está, que sigo a pensar que deben haber certos límites. Pero evidentemente os límites son diferentes dependendo da persoa. Pode facerme moita gracia un chiste por moi ofensivo que sexa, mentras que unha persoa cuxas situacións vitais son diferentes ás miñas pode atopalo coma case un insulto. Evidentemente tamén pode ser ao revés, e pódome atopar nunha situación na que ao resto de persoas un chiste lles resulta gracioso, mentras que a min non mo resulta en absoluto. 

Por isto mesmo non creo que deba ser censurable. Si ben podemos estar todas en contra de certo tipo de humor ou certo tipo de humoristas, ou non atopar graciosas según que bromas, tamén hai que recoñecer que os límites de cada persoa son diferentes, polo que xamais pode haber unha censura que estea ao gusto de todes. 

En conclusión, esta cuestión provoca unha dicotomía dentro de min. Si ben non me gusta que certos chistes sexan formulados, tampouco me vexo coa potestade de frear que ocurran, nin tampouco creo que debamos de deixar de empregar o humor coma a nosa arma ou rirnos do que nos faga rir. Incluso se o chiste non está nada en consonancia cos nosos ideais.

Comentarios

Entradas populares de este blog

"Safe Map"

 Pensando na iniciativa online "Queering the Map", páxina onde as persoas parte do colectivo LGBT poden elexir un lugar dun mapa onde tiveran unha experiencia relacionada coa súa orientación sexual ou identidade de xénero, para o noso proxecto creativo decidimos realizar unha actividade similar. "Safe Map" é a nosa proposta. Exporemos un mapa de Galiza nunha cartolina xunto a uns póstits, e rogaremos a colaboración das presentes collendo un deles e poñéndoo no mapa nun lugar onde se sentiran seguras ou teñan algunha experiencia positiva que compartir. É completamente anónimo, aínda que se algunha das presentes quere poñer o seu nome pode facelo de maneira libre. Con esta iniciativa buscamos un lugar onde as experiencias do alumnado sexan visibilizadas e crear un sitio seguro para contalas. 

A lingüística escríbese con A?

 "Boas tardes chicas... e chico", "Boas tardes, chicas, bueno, espero que non vos sintades excluídos os poucos homes que hai, eh". Perdín a conta das veces que escoitei unha frase similar en contextos no que a maior parte das asistentes son mulleres, como por exemplo este mesmo máster. A propia necesidade de recalcar ao masculino, de evitar que non se sintan fóra da narrativa ou sintan que non se trata deles. E en moitas ocasións, así é. Dende pequenas somos educadas nunha sociedade na que debemos contestar ao masculino. Tal e como se especifica no texto, vivimos ese momento de confusión á hora de escoitar un masculino xenérico, mais rematamos por asumilo como propio. Por moito que se trate dunha soa letra ao final dunha palabra, non deixa de ser unha maneira pola cal renegamos da nosa identidade propia como mulleres. Se non mencionas a existencia dunha realidade, ou se non permites que haxa unha palabra que o defina, automáticamente non existe. "Atendeume unha

Dysphoria Mundi

Para comezar con esta materia e con este blog, o texto que debemos ler para reflexionar foi un pequeno fragmento do libro "Dysphoria Mundi" de Paul Preciado. Recoñezo que non escoitara falar do autor, mais despois dunha búsqueda na rede e a lectura do fragmento, chamou a miña especial atención a súa forma de ver o mundo e vincular conceptos que pode parecer que non teñen nada que ver. Escoitara e lera miles de relatos sobre a pandemia do Covid-19, mais nunca vira paralelismos entre o virus e as diferentes discriminacións que sofren os colectivos máis oprimidos. Tal e como as persoas sanitarias fixeron todo o posible para erradicar unha pandemia que estaba a levarse as vidas de milleiros de persoas, certos sectores da sociedade parecen poñer un interés especial en acabar coas realidades disidentes, coma se só houbese unha maneira de vivir neste planeta. Tal e coma os gobernos decretaron un confinamento e o emprego de mascarillas para evitar os contaxios, semella que existe un