Ir al contenido principal

Puede hablar la subalterna?

Unha pregunta que, por moi obvia que pareza, se está sendo formulada e que hai algunha clase de debate. Non coñecía en absoluto o traballo da autora, nin xamais escoitara falar dela, polo que adentrarme neste texto foi unha boa forma de coñecer máis sobre o subalterno a partir das súas palabras, pois desa maneira será posible formar unha opinión propia.

Chamou a miña atención a forma que empregou para ensinar á realidade das persoas do mal chamado terceiro mundo. Cando automáticamente utilizas terminoloxía coma "outro", por moito que a intención non sexa a de facer dano, é imposible ser capaz de ver a dignidade desas persoas polo que son. Incluso en ideoloxías e postulados tan rompedores coma pode ser o marxista existen certos trazos que son sinalados pola autora, pois semella que a visión occidental se estende a todo tipo de clases sociais e ideoloxías. Existe un abandono en toda a sociedade europea ou norteamericana ao que se escape do ollo. 

Dende representacións coma os mapas mundi de Mercator, onde o centro do planeta está colocado no mundo occidental; ou incluso noutras representacións máis actuais e menos sesgadas pódense atopar pequenas cousas que deben ser mencionadas e analizadas. Por que o mundo está debuxado como está debuxado, se se trata dunha esfera na que non hai ningún tipo de orde? Por que están Europa ou Estados Unidos ao norte, mentras que Oceanía, África ou América do Sur están ao sur?, estos pequenos detalles tamén axudan a considerar outras culturas como "o outro" ou "raras". Mais evidentemente estanse a producir cambios.

Nada máis o mundo occidental recoñeceu a existencia doutras culturas e doutras formas de contar a historia, comezou outro tema moi ben explicado por Spivak. En vez de ignorar ou reprimir a cultura allea, pásase a un proceso de absoluto paternalismo. Un movemento no que as persoas potencialmente opresoras se apropian do discurso das persoas oprimidas, no que parece moito máis importante colgarse un pin de "aliado" que conseguir de verdade rematar coas opresións. Neste tipo de actitudes entran tamén as representacións de ficción, pois por moi boa intención que poidan ter algunhas delas, o mundo occidental en ningún momento debe de mostrarse abandeirado dunha loita que non é a súa. As narrativas subalternas non son nosas, nin son todas iguais. 

O noso papel debe realizarse dende a sombra. Recoñecendo actitudes, non acaparando espazos cun altavoz que en ningún momento debeu ser noso. Debemos recoñecer as relacións existentes entre dominante e dominado, calar a boca e aprender. E, respondendo a pregunta do principio, pode falar a subalterna?, non só pode, senón debe. Mais tampouco é cuestión nosa decidir se deben facelo ou non.

Debemos escoitar as voces disidentes, e desta maneira educarnos e cambiar. Só desa maneira será posible unha sociedade para todes.

Comentarios

Entradas populares de este blog

"Safe Map"

 Pensando na iniciativa online "Queering the Map", páxina onde as persoas parte do colectivo LGBT poden elexir un lugar dun mapa onde tiveran unha experiencia relacionada coa súa orientación sexual ou identidade de xénero, para o noso proxecto creativo decidimos realizar unha actividade similar. "Safe Map" é a nosa proposta. Exporemos un mapa de Galiza nunha cartolina xunto a uns póstits, e rogaremos a colaboración das presentes collendo un deles e poñéndoo no mapa nun lugar onde se sentiran seguras ou teñan algunha experiencia positiva que compartir. É completamente anónimo, aínda que se algunha das presentes quere poñer o seu nome pode facelo de maneira libre. Con esta iniciativa buscamos un lugar onde as experiencias do alumnado sexan visibilizadas e crear un sitio seguro para contalas. 

A lingüística escríbese con A?

 "Boas tardes chicas... e chico", "Boas tardes, chicas, bueno, espero que non vos sintades excluídos os poucos homes que hai, eh". Perdín a conta das veces que escoitei unha frase similar en contextos no que a maior parte das asistentes son mulleres, como por exemplo este mesmo máster. A propia necesidade de recalcar ao masculino, de evitar que non se sintan fóra da narrativa ou sintan que non se trata deles. E en moitas ocasións, así é. Dende pequenas somos educadas nunha sociedade na que debemos contestar ao masculino. Tal e como se especifica no texto, vivimos ese momento de confusión á hora de escoitar un masculino xenérico, mais rematamos por asumilo como propio. Por moito que se trate dunha soa letra ao final dunha palabra, non deixa de ser unha maneira pola cal renegamos da nosa identidade propia como mulleres. Se non mencionas a existencia dunha realidade, ou se non permites que haxa unha palabra que o defina, automáticamente non existe. "Atendeume unha

Dysphoria Mundi

Para comezar con esta materia e con este blog, o texto que debemos ler para reflexionar foi un pequeno fragmento do libro "Dysphoria Mundi" de Paul Preciado. Recoñezo que non escoitara falar do autor, mais despois dunha búsqueda na rede e a lectura do fragmento, chamou a miña especial atención a súa forma de ver o mundo e vincular conceptos que pode parecer que non teñen nada que ver. Escoitara e lera miles de relatos sobre a pandemia do Covid-19, mais nunca vira paralelismos entre o virus e as diferentes discriminacións que sofren os colectivos máis oprimidos. Tal e como as persoas sanitarias fixeron todo o posible para erradicar unha pandemia que estaba a levarse as vidas de milleiros de persoas, certos sectores da sociedade parecen poñer un interés especial en acabar coas realidades disidentes, coma se só houbese unha maneira de vivir neste planeta. Tal e coma os gobernos decretaron un confinamento e o emprego de mascarillas para evitar os contaxios, semella que existe un